viernes, 27 de abril de 2018

CAMPIONATO GALEGO DE NATACIÓN

Este mércores 25 de abril, 13 alumnos e alumnas do noso centro participaron no campionato galego de natación celebrado no concello pontevedrés de A Cañiza.
 Unha vez máis o deporte foi a excusa perfecta para pasar unha agradable mañá de primavera con moitos outros rapaces e rapazas da nosa comunidade. 
Os nosos deportistas fixérono realmente ben, todos completaron as súas probas e lograron traer colgadas do pescozo tres medallas (unha prata e un bronce na categoría feminina XOGO -15 e unha prata na categoría masculina XOGO +15).


Este miércoles 25 de abril, 13 alumnos y alumnas de nuestro centro participaron en el campeonato gallego de natación celebrado en el ayuntamiento pontevedrés de A Cañiza.
 Una vez más el deporte fue la excusa perfecta para pasar una agradable mañana de primavera con muchos otros chicos y chicas de nuestra comunidad.
Nuestros deportistas lo hicieron realmente bien, todos completaron sus pruebas y lograron traer colgadas del cuello tres medallas (una plata y un bronce en la categoría femenina JUEGO -15 y  una plata en la categoría masculina JUEGO +15).

jueves, 26 de abril de 2018

HÍPICA

Esta semana retomamos unha actividade que tiñamos un pouquiño abandoada dende o curso pasado; a hípica!!
Desta vez visitamos a Hípica Ares, que está aquí ao ladiño e é moi acolledora.
Tivemos a oportunidade de coñecer a instalacións, de peinar aos cabalos e estar un ratiño con eles, e despois chegou o mellor de todo; o momento de subir ao cabalo!!
Ao principio algúns de nós subiamos cun pouco de medo pero despois... non queriamos baixar! E cando o fixemos foi cun tremendo sorriso na cara. 


Esta semana retomamos una actividad que teníamos un poquito abandonada desde el curso pasado; la hípica!!
Esta vez visitamos la Hípica Ares, que está aquí al lado y es muy acogedora.
Tuvimos la oportunidad de conocer las instalaciones, de peinar a los caballos y estar un ratito con ellos, y después llegó lo mejor de todo; el momento de subir al caballo!!
Al principio algunos de nosotros subíamos con un poco de miedo pero después... non queríamos bajar! Y cuando lo hicimos fue con una tremenda sonrisa en la cara.

miércoles, 25 de abril de 2018

NEVE ARTIFICIAL

Este inverno tan longo deulle moito xogo ao alumnado do ExperimentArte. 
Cansos coma estaban de ver chover e de pasar frío, decidiron que polo menos ían enfocarse nas cousas divertidas da estación... e que é o mellor do inverno? Pois que vai ser...a neve! 
Como en Vilagarcía, nevar o que se di nevar, pois non nevou moito, puxéronse “mans a obra” e realizaron eles mesmos a súa propia neve artificial. 
O proceso , como vedes nas fotos, estivo cheo de risas e bos ratos pero o resultado, asegurámovolo, foi aínda mellor!

 Este invierno tan largo le dio mucho juego al alumnado de ExperimentArte.
Cansados como estaban de ver llover y de pasar frío, decidieron que por lo menos iban a enfocarse en las cosas divertidas de la estación... y qué es lo mejor del invierno? Pues qué va a ser... la nieve! 
Como en Vilagarcía, nevar lo que se dice nevar, no nevó mucho, se pusieron "manos a la obra" y realizaron ellos mismo su propia nieve artificial.
 El proceso, como veis en las fotos, estuvo lleno de risas y buenos ratos pero el resultado, os lo aseguramos, fue aún mejor!



martes, 24 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO


Onte foi o Día do Libro, e este ano tocaba celebralo por todo o alto… Fixemos unha chea de actividades, o primeiro foi a exposición cunha chea de exemplares feitos no centro.  
 
O mércores seguimos coa dinamización lectora “Libros de recreo”, a intención era que os rapaces se fosen achegando aos distintos recantos a ler, a escoitar, a compartir… 
 
O venres fomos ata o Salón do Libro de Pontevedra a ver a obra “O secuestro da bibliotecaria” de Sarabela Teatro, gustounos moito e ademais puidemos fotografarnos co lobo Orbil!  

Á volta, unha amiga nosa, a bibliotecaria Clara Brea, tivo a amabilidade de compartir un pouco do seu saber; aprendemos como se fai un libro e tamén as distintas partes das que consta, (xa sabemos diferenciar entre cuberta e portada). Ademais mostrounos un montón de libros curiosos! Moitas gracias Clara, esperamos verte pronto!

E para rematar, onte argallamos dous obradoiros simultáneos, un dun libro xigante de “Leonardo e os fontaneiros” de Mª Victoria Moreno e outro de marcapáxinas individualizados. 
E nada máis! Esperamos que vos guste!


Ayer fue el Día del Libro, y este año tocaba celebrarlo por todo lo alto... 
Hicimos un montón de actividades, lo primero fue una exposición con ejemplares hechos en el centro.

El miércoles seguimos con la dinamización lectora "Libros de recreo", la intención era que los chavales se fuesen acercando a los distintos rincones a leer, a escuchar, a compartir...
 

 El viernes fuimos hasta el Salón del Libro de Pontevedra a ver la obra "El secuestro de la bibliotecaria" de Sarabela Teatro, nos gustó mucho y además pudimos fotografiarnos con el lobo Orbil!

 A la vuelta, una amiga nuestra, la bibliotecaria Clara Brea, tuvo la amabilidad de compartir un poco de su saber; aprendimos como se hace un libro y también las distintas partes de las que consta, (ya sabemos diferenciar entre cubierta y portada). Además nos mostró un montón de libros curiosos! Muchas gracias Clara, esperamos verte pronto!

Para terminar, ayer preparamos dos talleres simultáneos, uno de un libro gigante de "Leonardo y los fontaneros" de Mª Victoria Moreno y otro de marcapágonas individualizados. 
Y nada más! Esperamos que os guste!


lunes, 23 de abril de 2018

MERENDAMOS!

Esta semana aprendemos a facer a nosa propia e saudable merenda.
Non paramos co Proxecta de Aliméntate Ben!!!
 Esta semana aprendimos a hacer nuestra propia y saludable merienda.
No paramos con el Proxecta de Aliméntate Ben!!!

sábado, 21 de abril de 2018

CONCERTO NO COLE!!!

O pasado mércores recibimos no cole aos mestres da Escola de música de Vilagarcía, os cales nos ofreceron un marabilloso concerto.
Ademáis do privilexio que é gozar de boa música, interpretada por bos profesionais e en directo... pasámolo en grande!
Bailamos, levamos o ritmo, fixemos percusión corporal, cantamos (eles mesmos nos puxeron o fermoso nome de "Coro garatuxa")... e aprendemos un montón de cousas novas!!
Moitas grazas por pensar en nós!!! 
Vémonos o vindeiro curso!!!


El pasado miércoles recibimos en nuestro cole a los profes de la Escuela de música de Vilagarcía, los cuales nos ofrecieron un maravilloso concierto,
Además del privilegio que es disfrutar de buena música, interpretada por buenos profesionales y en directo... lo pasamos en grande!
Bailamos, llevamos el ritmo, hicimos percusión corporal, cantamos (ellos mismos nos pusieron el hermoso nombre de "Coro garatuxa")... y aprendimos un montón de cosas nuevas!!
Muchas gracias por pensar en nosotros!!!
Nos vemos el próximo curso!!!

jueves, 19 de abril de 2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Como xa sabedes, o pasado martes celebramos no cole a nosa primeira xornada de portas abertas.
Ó ser novatos neste tema non sabiamos cal ía ser o resultado pero o certo e que quedamos moi contentos ao recibir a visita de compañeiros, familias e diferentes profesionais. 
Foi un día importante xa que a xente tivo a oportunidade de coñecernos un poquiño máis e incluso nalgús casos, de saber da nosa existencia.
A prensa tamén se interesou por esta iniciativa e fixeron unhas reportaxes sobre o noso centro e noso traballo. Se queredes saber máis só tedes que premer nas imaxes para ver os diferentes artigos sobre nós. 


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2018/04/18/centro-preparado-apoyar-alumno-necesite/0003_201804A18C4991.htmhttp://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/04/18/cole-especial-corazon-vilagarcia/1874872.html

Como ya sabéis, el pasado martes celebramos en el cole nuestra primera jornada de puertas abiertas.
Al ser novatos en el tema no sabíamos cuál iba a ser el resultado pero lo cierto es que quedamos muy contentos al recibir la visita de compañeros, familias y diferentes profesionales.
Fue un día importante ya que la gente tuvo la oportunidad de conocernos un poquito más e incluso en algunos casos, de saber de nuestra existencia.
La prensa también se interesó por esta inciativa e hicieron unos reportajes sobre nuestro centro y nuestro trabajo. Si queréis saber más sólo tenéis que hacer clic en las imágenes para ver los diferentes artículos sobre nosotros.

miércoles, 18 de abril de 2018

QUE OPINAMOS?

Os alumnos da aula branca atopamos no periódico, de casualidade, unha noticia que nos fixo pensar; só seis anuncios de publicidade sexista acaban ante a xustiza.
Aínda non chegamos a entrar de cheo na publicidade e a diferenza que fai esta entre homes e mulleres, pero non hai moito que traballamos sobre a igualdade de xénero e é por iso, que esta noticia chamou aínda máis a nosa atención.


Los alumnos del aula blanca encontramos en el periódico, de casualidad, una noticia que nos hizo pensar; sólo seis anuncios de publicidad sexista acaban ante la justicia.
Aún no llegamos a meternos de lleno en la publicidad y la diferencia que hace ésta entre hombres y mujeres, pero no hace mucho que trabajamos sobre la igualdad de género y es por eso, que esta noticia llamó aún más nuestra atención.

martes, 17 de abril de 2018

OS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Traballando a prensa na aula, atopamos unha noticia sobre os Dereitos do Consumidor. 
Dado que traballamos no proxecto “Vai por min?", avaliamos e vimos cales son os dereitos que nos amparan á hora de facer unha compra, información que nos pode resultar moi útil.  
Tedes  un resumo no noso blog de Prensa - Escuela.


Trabajando la prensa en el aula encontramos una noticia sobre los Derechos del Consumidor.
Dado que  trabajamos en nuestro poyecto "Vai por min?", evaluamos y vimos cuáles son los derechos que nos amparan a la hora de hacer una compra, información que nos puede resultar muy útil.
Tenéis un resumen en nuestro blog de Prensa - Escuela.

lunes, 16 de abril de 2018

ROLIÑOS DE QUEIXO E PAVO

Esta semana fixemos uns roliños de queixo e pavo ao forno. 
Coma sempre, moi sanos e saborosos!!!


Esta semana hicimos unos rollitos de queso y pavo al horno.
Como siempre, muy sanos y sabrosos!!!

viernes, 13 de abril de 2018

DE VILAGARCÍA A "JOLIBÚ"

 Xa vos temos falado algunha vez de que estamos nun proxecto realmente interesante...
Estamos a crear unha curtametraxe onde nos encargamos de todo o proceso: guión, maquillaxe, producción, dirección, cámara,...
O caso é que esta semana rematamos os diálogos no guión (arduo traballo) e despois, saímos a Vilagarcía para buscar as localizacións máis axeitadas para gravar a curta, pensando cal sería o enfoque que nos gustaría máis.
Nunca pensamos en vivir estas experiencias tan diferentes!!!


Ya os hablamos alguna vez de que estamos en un proyecto realmente interesante... 
Estamos creando un cortometraje donde nos encargamos de todo el proceso: guión, maquillaje, producción, dirección, cámara,...
El caso es que esta semana terminamos los diálogos en el guion (arduo trabajo) y después, salimos a Vilagarcía para buscar las localizaciones más ajustadas para grabar el corto, pensando en cuál sería el enfoque que nos gustaría más. 
Nunca pensamos en vivir estas experiencias tan diferentes!!!

miércoles, 11 de abril de 2018

A ÁRBORE DAS ESTACIÓNS

No ExperimentArte seguen sendo grandes afeccionados a todo aquilo que implique pintura e pincel, así que, de cando en vez, aproveitan para deixar saír toda esa corrente creativa con divertidas actividades.
Na entrada de hoxe podemos ver coma, os nenos e nenas participantes no proxecto, realizan catro lienzos que, fusionados, amosan unha árbore na que podemos ver as diferentes estacións (primavera, verán, outono e inverno) e as súas variacións meteorolóxicas. O uso das cores é clave na actividade: laranxas e marróns para o outono; verdes e vermellos para a primavera... explosión de tonalidades que deron coma resultado unha obra marabillosa!



En el ExperimentArte siguen siendo grandes aficionados a todo aquello que implique pintura y pincel, así que, de vez en cuando, aprovechan para dejar salir toda esa corriente creativa con divertidas actividades.
En la entrada de hoy podemos ver como, los niños y niñas participantes en el proyecto, realizan ciatro lienzos que, fusionados, muestran un árbol en el que podemos ver las diferentes estaciones (primavera, verano, otoño e invierno) y sus variaciones meteorológicas. El uso de los colores es clave en la actividad: naranjas e marrones para el otoño; verdes y rojos para la primavera... explosión de tonalidades que dieron como resultado una obra maravillosa!

martes, 10 de abril de 2018

VAI POR MIN?

Para contarvos un pouco máis como traballamos co programa do Plan Proxecta na aula branca, explicámosvos hoxe cal é o traballo máis "groso" que nos toca facer.
Para concentrar as actividades sobre a publicidade nun documento e organizar o material de traballo neste proxecto, as mestras elaboramos un caderno de traballo que podedes descargar no enlace que aparece xusto debaixo da imaxe.
A través destas actividades coñeceremos a teoría e aplicarémola á práctica, facendo análises sobre a publicidade e creando os nosos propios carteis (seguirmos informándovos para que non perdades detalle).



Para contaros un poco más como trabajamos con el programa del Plan Proxecta en el aula blanca, os explicamos hoy cuál es el trabajo más "grueso" que nos toca hacer.
Para concentrar las actividades sobre la publicidad y organizar el material de trabajo en este proyecto, las maestras elaboramos un cuaderno de trabajo que podéis descargar en el enlace que aparece justo debajo de la imagen.
A través de estas actividades conoceremos la teoría y la aplicaremos a la práctica, haciendo análisis sobre la publicidad y creando nuestros propios carteles (seguiremos informándoos para que no perdáis detalle).

lunes, 9 de abril de 2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!!

A continuación podedes ver  o cartel da xornada de portas abertas que se celebrará próximamente no noso centro educativo, o CEE Vilagarcía de Arousa -Xardíns Doutor Fleming s/n, Vilagarcía- (para os que todavía non saiban onde nos atopamos!).

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer o centro e o traballo que nel se realiza, de forma que sexamos unha alternativa real e visible para o alumnado que así o precise.

Gustaríanos, se é posible, que difundirades esta información entre toda comunidade e que vos achegarades a visitarnos. AGARDÁMOSVOS!!!


Aquí podéis ver el cartel de la jornada de puertas abiertas que se celebrará próximamente en nuestro centro educativo, el CEE Vilagarcía de Arousa -Xardíns Doutor Fleming s/n, Vilagarcía- (¡para los que todavía no sepan donde encontrarnos!). 
El objetivo de esta jornada es dar a conocer el centro y el trabajo que en él se realiza, de forma que seamos una alternativa real y visible para el alumnado que así lo necesite.
Nos gustaría, si es posible, que difundiérais esta información entre toda la comunidad y que os acercárais a visitarnos. ¡¡¡OS ESPERAMOS!!!

viernes, 6 de abril de 2018

FACENDO O CAMIÑO

O grupo de camiñantes do cole foron buscar esta semana patrimonio pola comarca do Salnés e non foi pouco o que atoparon. O proxecto "Mirando polo Camiño" está a dar moito de si e o que aínda nos falta por facer!!! 
 Nesta ocasión fixémoslle unha visita á Madama de Sanxenxo, pasamos pola capela de A Lanzada, fomos ata a Illa da Toxa, demos unha camiñata pola Ruta da Pedra e da Auga en Meis e subimos ata o Mosteiro de Armenteira onde aproveitamos para coller forzas e merendar. Finalmente e xa de volta para o cole, paramos na Praza Fefiñáns, en Cambados. 
Todos eles son concellos polos que pasa a Ruta do Mar de Arousa e o Río Ulla, pero todavía nos quedan moitos sitios máis que visitar!!! 
De seguro que este último  trimestre nos volveremos uns auténticos peregrinos. 
Quéresnos acompañar??

El grupo de caminantes del cole fueron a buscar esta semana patromonio por la comarca del Salnés y no fue poco lo que encontraron. El proyecto "Mirando polo Camiño" está a dar mucho de si y lo que aún nos falta por hacer!!!
En esta ocasión le hicimos una visita a la Madama de Sanxenxo, pasamos por la capilla de A Lanzada, fuimos hasta la Illa da Toxa, dimos una caminata para coger fuerzas y merendar. Finalmente y ya de vuelta para el cole, paramos en la Praza Fefiñáns, en Cambados.
Todos ellos son ayuntamientos por los que pasa la Ruta del Mar de Arousa y el Río Ulla, pero todavía nos quedan muchos sitios más que visitar!!!
Seguro que este último trimestre nos volveremos auténticos peregrinos.
Nos quieres acompañar?

jueves, 5 de abril de 2018

PASTA PARA MODELAR

Unha semana máis, o alumnado do ExperimentArte comparte con todos nós as súas divertidas actividades.
Esta vez, amósannos a realización dunha pasta caseira para modelar. 
Facela foi ben doado, precisando tan só uns poucos ingredientes que podemos atopar en calquera das nosas casas: fariña, sal, aceite, auga, limón e colorantes (para conseguir pasta de diferentes cores). Mesturar e amasar foi un bo traballo para os nosos pequenos, que botaron moitas risas no proceso e conseguiron, finalmente, un produto co que facer diferentes figuras e co que, de seguro, seguirán desenvolvendo as súas aptitudes artísticas ;)


Una semana más, el alumnado de ExperimentArte comparte con todos nosotros sus divertidas actividades. 
Esta vez, nos enseñan la realización de una pasta casera para modelar. 
Hacerla fue muy fácil, necesitando solo unos pocos ingredientes que podemos encontrar en nuestras casas: harina, sal, aceite, agua, limón y colorantes (para conseguir diferentes colores).
Mezclar la masa fue un buen trabajo para nuestros pequeños, que echaron muchas risas en el proceso y consiguieron, finalmente, un producto con el que hacer diferentes figuras y con el que, seguro, seguirán desarrollando sus aptitudes artísticas ;)

miércoles, 4 de abril de 2018

OS CÍTRICOS

Esta semana foi de cítricos!!!
Fixemos zume e comparamos sabores de limón, laranxa e mandarina!!!
Sempre saudable e cheo de vitaminas!!


Esta semana fue de cítricos!!!
Hicimos zumo y comparamos los diferentes sabores de limón, naranja y mandarina!!!
Siempre saludable y lleno de vitaminas!!


VIDEO MARZO SEN FRONTEIRAS

Como xa vos contamos, o pasado 21 de marzo tivemos unha cita moi esperada por todos no colexio, como xa vén sendo tradición os rapaces e mestres do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do instituto Miguel Ángel González Estévez de Carril, invitáronnos a participar no seu proxecto integrador e de inclusión social. Este proxecto tenta mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional por medio dunha actividade física lúdica e estimulante.


Como ya os contamos, el pasado 21 de marzo tuvimos una cita muy esperada por todos en el colegio, como ya viene siendo tradición los chicos y profesores del ciclo superior de Actividades Físicas y Deportivas del Instituto Miguel Ángel Estévez de Carril, nos invitaron a participar en su proyecto integrador y de inclusión social. Este proyecto intenta mejorar la calidad de vida de las personas con diversidad funcional por medio de una actividad física lúdica y estimulante.

martes, 3 de abril de 2018

PUBLICIDADE NA AULA BRANCA

Como xa sabedes, a aula 3 (aula branca) está a seguir un proxecto sobre a publicidade.
Aos inicios desta actividade consideramos importante saber qué era o que sabíamos sobre o tema, polo que empezamos por facer un estudio sobre os coñecementos previos, e os exemplos de está avaliación inicial podedes velos nas fotos que vos amosamos. 
Como ya sabéis, el aula 3 (aula blanca) está siguiendo un proyecto sobre la publicidad.
Al principio de esta actividad consideramos importante saber qué era lo que sabíamos sobre el tema. por lo que empezamos a hacer un estudio sobre los conocimientos previos, y los ejemplos de esta evaluación inicial podéis verlos en las fotos que os enseñamos.