martes, 27 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O venres 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía no centro.
Primeiro de todo, recitamos "Adiós ríos, adiós fontes", despois tivemos a oportunidade de entrevistar a nosa propia "Rosalía" e tamén cantamos algúns dos seus máis afamados poemas coa pandeireta e a guitarra.
Por último, seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, abrimos as nosas fiestras (#AbrideAFiestra). E aínda que non chegamos a ver o mar, cantamos tan alto que poida que nos escoitasen fóra!

El viernes 23 de febrero conmemoramos el Día de Rosalía en el centro.
Primero, recitamos "Adiós ríos, adiós fontes", después tuvimos la oportunidad de entrevistar a nuestra propia "Rosalía" y también cantamos algunos de sus poemas más famosos con la pandereta y la guitarra.
Por último, y siguiendo la propuesta de la Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, abrimos nuestras ventanas (#AbrideAFiestra). Y aunque no llegamos a ver el mar, cantamos tan alto que puede que se nos escuchase fuera!

viernes, 23 de febrero de 2018

FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS

Seguindo coa nosa liña de formación, esta semana tivemos un curso de primeiros auxilios.
Nel explicáronnos como actuar en diferentes situacións; crisis epilépticas, afogamento, feridas, escordaduras, diabetes... 
Finalizamos facendo unha práctica máis sobre reanimación cardiopulmonar.


Siguiendo con nuestra línea de formación, esta semana tuvimos un curso de primeros auxilios.
En él nos explicaron cómo actuar en diferentes situaciones; crisis epilépticas, ahogamiento, heridas, esguinces, diabetes...
Finalizamos haciendo una práctica más sobre reanimación cardiopulmonar.

jueves, 22 de febrero de 2018

LOGO ExperimentArte

Como xa vos contamos, os alumnos da aula branca están levando a cabo un proxecto sobre a publicidade e crearon a súa propia "axencia de publicidade".
Primeiro elaboraron os carteis das actividades de Nadal da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía e agora foron os encargados de crear o logo para o proxecto "ExpetimentArte" que están desenvolvendo no centro as aulas verde e vermella.
Foi un traballo en equipo e fixérono xenial... nos vos parece?
Como ya os contamos, los alumnos del aula blanca están llevando a cabo un proyecto sobre la publicidad y crearon su propia "agencia de publicidad".
Primero elaboraron los carteles de las actividade de Navidad de la Escuela Oficial de Idiomas de Vilagarcía y ahora fueron los encargados de crear el logo para el proyecto "EsperimentArte" que están desenvolviendo en el centro las aulas verde y roja.
Fue un trabajo en equipo y lo hicieron genial... no os parece?

martes, 20 de febrero de 2018

COAS MANS NA MASA

O alumnado das aulas verde e vermella non para! O mesmo lle dan a actividades creativas e plásticas que se meten na cociña a poñerse coas “mans na masa”. 
Fai unhas semanas, co gallo de diferentes actividades que estaban a realizar nas aulas (concretamente relacionadas co outono e co Nadal) realizaron dous postres ben golosos: un biscoito de froitos secos (moi sinxelo de facer e con ingredientes que temos en todas as cociñas) e unhas galletas ben ricas (estrelas,árbores de Nadal, renos...) nas que prepararon a masa e deron forma cos diferentes “cortapastas”. 
O bo resultado destas experiencias foi avaliado polo resto do alumnado do centro (e algún mestre lambón) que se ofreceu a seguir colaborando sempre que se requerise! 
Estade atentos, que parece que estes pequenos cociñeiros terán que volver aos fogóns en breve!


El alumnado de las aulas verde y roja no para!  Lo mismo le dan a las actividades creativas y plásticas que se meten en la cocina a ponerse con "las manos en la masa". 
Hace unas semanas, con motivo de diferentes actividades que se estaban realizando en las aulas (concretamente relacionadas con el otoño y la Navidad) realizaron dos postres muy golosos: un bizcocho de frutos secos (muy sencillo de hacer y con ingredientes que tenemos en todas las cocinas) y unas galletas muy ricas (estrellas, árboles de Navidad, renos...) en las que prepararon la masa y dieron forma con los diferentes "cortapastas".
El buen resultado fue evaluado por el resto de alumando del centro (y algún maestro goloso) que se ofreció a seguir colaborando siempre que se requiriese! 
Estad atentos, que parece que estos pequeños cocineros tendrán que volver a los fogones en breve!

viernes, 16 de febrero de 2018

NOVAS DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, este curso naceu a biblioteca do noso cole que ten como mascota a máis que coñecida... "Frida".
Agora temos o gusto de presentarvos o blog da biblioteca e o seu club de lectura. 
Facédevos seguidores porque non deixarán de sorprendervos coas súas actividades e iniciativas.



Como ya sabéis, este curso nació la biblioteca de nuestro cole que tiene como mascota a la más que conocida... "Frida".
Ahora tenemos el gusto de presentaros el blog de la biblioteca y su club de lectura.
Haceos seguidores porque no dejarán de sorprenderos con sus actividades e iniciativas.

jueves, 15 de febrero de 2018

SALPICADO DE PINTURA

Como xa sabedes por anteriores entradas, ao alumnado das aulas verde e vermella gústalles moito experimentar e crear a través do seu proxecto, ExperimentArte. 
Nesta ocasión, amósannos as obras artísticas realizadas inspirándose en Jackson Pollock, pintor estadounidense do expresionismo abstracto que destacou polo seu estilo único de “ salpicar pintura”.
Nesta actividade, o alumnado participante fai precisamente iso, “ salpicar” pintura de diferentes cores a través da prensión realizada sobre uns botes (cunha “ boquilla” pequena ) recheos de pintura en relieve. 
Fixeron cadriños individuais ( para levar coa familia) e un cadro grande realizado entre todos que se colgou nun dos corredores do centro. 
Foi tal o éxito que seguen coa produción... e calquera día sorprenden cunha exposición!

 
Como ya sabéis por anteriores entradas, al alumnado de las aulas verde y roja les gusta mucho experimentar y crear a través de su proyecto, ExperimentArte.  
En esta ocasión, nos muestran las obras artísticas realizadas inspirándose en Jackson Pollock, pintor estadounidense del expresionismo abstracto que destacó por su estilo único de "salpicar pintura".
En esta actividad, el alumnado participante hace precisamente eso, "salpicar" pintura de diferentes colores a través de la prensión realizada sobre unos botes (con una "boquilla" pequeña) rellenos de pintura en relieve. 
Hicieron cuadros individuales (para llevar con la familia) y un cuadro grande realizado entre todos que se colgó en uno de los pasillos del centro.
Fue tal el éxito que siguen con la producción... y culaquier día sorprenden con una exposición!

miércoles, 14 de febrero de 2018

"FRIDA DOURO"

Este ano, no cole, celebramos o entroido por todo o alto!! 
Como estamos a facer a nosa propia peli gracias ao FicBueu, decidimos que a temática do noso entroido fora o mundo do cine.
O centro foi tomando forma coa súa "parede da fama" e o renombramento dun dos seus corredores como "CEE Vilagarcía Boulevard"
O día da festa celebramos os "Frida Douro" onde se entregaron premios ás mellores películas.
Polo noso escenario vimos desfilar aos protagonistas de películas como; "Shrek", "A familia Adams", "Los pájaros", "Los Simpson", "El mago de Oz", "Star Wars", "E.T." e da serie de televisión "Yo soy Luna".
Cada alumno recibiu unha Frida de ouro e cada grupo un diploma, para a aula, que os acredita como gañadores de dito premio.




Este año, en el cole, celebramos el carnaval por todo lo alto!!
 Como estamos haciendo nuestra propia peli gracias al FicBueu, decidimos que la temática do nuestro carnaval fuera el mundo del cine.
El centro fue tomando forma con su "pared de la fama" y el  renombramento de uno de sus pasillos como "CEE Vilagarcía Boulevard"
El día de la fiesta celebramos los "Frida Douro" donde se entregaron premios a las mejores películas.
Por nuestro escenario vimos desfilar a los protagonistas de películas como; "Shrek", "LA familia Adams", "Los pájaros", "Los Simpson", "El mago de Oz", "Star Wars", "E.T." y de la serie de televisión "Yo soy Luna".
Cada alumno recibió una Frida de oro y cada grupo un diploma, para el aula, que los acredita como ganadores de dicho premio.

jueves, 8 de febrero de 2018

ESTAMOS NOS ENTROIDO

Xa estamos no entroido!!! Acabamos de salir das festas de Nadal e xa estamos noutras...
No cole estamos a facer moitas actividades!! Entre elas (e aproveitando que temos unhas mestras moi apañadas) tivemos un obradoiro moi interesante sobre un dos entroidos máis importantes de Galicia, o de Xinzo de Limia.
Aprendemos moitas cousas e puidemos comprobar o en forma que teñen que estar para poder andar, con todo o traxe, saltando e correndo por aí!!!
Despois traballamos un pouquiño sobre os postres típicos destas datas e, como non, fixemos filloas!




Ya estamos en carnaval!!! Acabamos de salir de las fiestas de Navidad y ya estamos en otras...
En el cole estamos haciendo muchas actividades!! Entre ellas (y aprovechando que tenemos unas maestras muy apañadas) tuvimos un taller muy interesante sobre uno de los carnavales más importantes de Galicia, el de Xinzo de Limia.
Aprendimos muchas cosas y pudimos comprobar lo en forma que tienen que estar para poder andar, con todo el traje, saltando y corriendo por ahí!!!
Después trabajamos un poquito sobre los postres típicos de estas fechas y, como no, hicimos filloas!


miércoles, 7 de febrero de 2018

CONTENCIÓN MECÁNICA

A pasada fin de semana, e como parte da nosa formación continua, todo o persoal do centro (docente e non docente) recibimos formación en contención mecánica.
O obxectivo básico da contención mecánica é evitar que se produzan situacións que poñan en perigo a integridade física dos nosos alumnos ou a da súa contorna. Para conseguilo limítase con procedementos físicos ou mecánicos, os movementos de parte ou de todo o corpo do alumno.
Trátase dunha medida a empregar ante unha situación de axitación ou conduta violenta.
Como ben sabedes, nós queremos ter os coñecementos necesarios para poder dar sempre unha resposta axeitada as necesidades ou demandas dos nosos alumnos, e é por iso consideramos este tema de vital importancia.


El pasado fin de semana, y como parte de nuestra formación continua, todo el personal del centro (docente y no docente) recibimos formación en contención mecánica.
El objetivo básico de la contención mecánica es evitar que se produzcan situaciones que pongan en peligro la integridad física de nuestros alumnos o la de su entorno. Para conseguirlo se limita con procedimientos físicos o mecánicos, los movimientos de parte o de todo el cuerpo del alumno.
Se trata de una medida a utilizar ante una situación de agitación o conducta violenta.
Como bien sabéis, nosotros queremos tener los conocimientos necesarios para poder dar siempre una respuesta adecuada a las necesidades o demandas de nuestros alumnos, y es por eso que consideramos este tema de vital importancia.

martes, 6 de febrero de 2018

EN PONTEVEDRA CON MAGÍN BLANCO

Onte, cinco aulas do cole, fomos ata Pontevedra a ver o espectáculo "A nena e o grilo nun barquiño" cuxa música é obra de Magín Blanco.
Nós somos moi fans de Magín e onte tivemos a oportunidade de poder falar con el un ratiño e incluso de sacar unhas fotos con todos os que forman parte do espectáculo.
Moitas grazas Magín polas túas palabras e, sobre todo, pola túa música. 



Ayer, cinco aulas del cole, fuimos hasta Pontevedra a ver el espectáculo "A nena e o grilo nun barquiño" cuya música es obra de Magín Blanco.
Nosotros somos muy fans de Magín y ayer tuvimos la oportunidad de poder hablar con él un ratito e incluso de sacar algunas fotos con todos los que forman parte del espectáculo.
Muchas gracias Magín por tus palabras y, sobre todo, por tu música.

lunes, 5 de febrero de 2018

NADAL DE MILLO

Coa chegada do Nadal e, aproveitando que no centro estabamos a celebrar a semana do millo, o equipo do ExperimentArte decidiu unir as dúas temáticas nunha soa actividade. 
Na mesma, de elaboración moi sinxela, tan só empregaron unhas plantillas de adornos ( bolas concretamente), un pouco de cola e espigas de millo. 
Os nenos e nenas tiñan que debullar o millo ata deixar “ limpo” o carozo e, posteriormente, pegar os grans obtidos nas plantillas. 
Unha vez listos todos os adornos, pegáronos nunha árbore de Nadal feita coas pegadas das súas mans e colgaron o mural resultante nun dos corredores do centro. Quedoulles ben bonitiño pero traballiño lles costou... quen dixo que debullar era doado!



Con la llegada de la Navidad y, aprovechando que en el centro estábamos celebrando la semana del maíz, el equipo de ExperimentArte decidió unir las dos temáticas en una sola actividad.
En la misma, de elaboración muy sencilla, tan solo utilizaron unas plantillas de adornos (bolas concretamente), un poco de cola y espigas de maíz.
Los niños y niñas tenían que desgranar el maíz hasta dejar "limpio" el carozo y, posteriormente, pegar los granos obtenidos en las plantillas. 
Una vez listos todos los adornos, los pegaron en un árbol de Navidad hecho con las huellas de sus manos y colgaron el mural resultante en uno de los pasillos del centro. Les quedó muy bonito pero trabajo les costó... ¿quién dijo que desgranar era fácil?


viernes, 2 de febrero de 2018

MIRANDO POLO CAMIÑO

Este curso as aulas 2, 4 e 5 comezaron un novo camiño, e nunca mellor dito!
 Estamos a realizar un proxecto que ten por nome "Mirando polo Camiño", co cal coñeceremos a nosa contorna traballando os concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.
Seguiremos a Ruta do Salnés, tamén coñecida como "Ruta Padre Sarmiento" e con ela descubriremos moito do patrimonio cultural e natural que nos rodea.
Velaquí algunhas das cousiñas que xa fixemos!


Este curso las aulas 2, 4 y 5 empezaron un nuevo camino, y nunca mejor dicho!
Estamos realizando un proyecto que tiene por nombre "Mirando polo Camiño", con el cual conoceremos nuestro entorno trabajando los ayuntamientos por los que pasa el Camiño de Santiago.  
Seguiremos la Ruta del Salnés, también conocida como "Ruta Padre Sarmiento" y con ella descubriremos mucho patrimonio cultural y natural que nos rodea.
Aquí podéis ver algunas de las cosas que ya hicimos!


jueves, 1 de febrero de 2018

A TVG NO COLE!!!

Onte, na sesión do obradoiro audiovisual co FicBueu, recibimos a visita da TVG que veu gravar unha reportaxe sobre o proxecto e a nosa curta.
Se queredes saber máis só tedes que ver o programa "A Revista" esta fin de semana. Non sabemos se será sábado ou domingo así que... estade atentos!!


 Ayer, en la sesión del taller audiovisual con el FicBueu, recibimos la visita de la TVG (Televisión de Galicia) que vino a grabar un reportaje sobre el proyecto y nuestro corto.
Si queréis saber más solo tenéis que ver el programa "A Revista" este fin de semana. No sabemos si será sábado o domingo así que... estad atentos!!