martes, 30 de enero de 2018

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Hoxe celebramos no centro o "Día da Non Violencia e a Paz".
O Equipo de Dinamización da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega uníronse para crear unha serie de actividades en prol da paz e a non violencia, sexa do tipo que sexa.
Creamos un atrapasonos, onde cada un de nós expresamos artísticamente o noso desexo de paz.
Decoramos unha árbore con pombas da paz elaboradas coas nosas mans. Pombas brancas nunha árbore negra, en homenaxe a todas esas árbores queimadas polos incendios que vivimos en Galicia a principios deste curso. A nosa árbore da PAZ.
Martín, un compañeiro da aula 5, inventou unha frase moi bonita sobre este tema e quixemos deixar constancia dela nun sitio visible do noso centro; as escaleiras de acceso ao piso superior. Alí agora, con colores moi vistosos podemos ler; "Dame a túa man, eu douche a miña... quero a paz cada día".
E por último, os compañeiros das aulas de maiores, contáronnos o conto "Bailar nas nubes" que trata, entre outras cousas, do respecto ás persoas de diferentes procedencias, da tolerancia, da convivencia... valores que andan un pouco "dispersos" nestes tempos. 






Hoy celebramos en el centro el "Día de No Violencia y la Paz".
El Equipo de Dinamización de la Biblioteca y de Dinamización da Lingua Galega se unieron para crear una serie de actividades a favor de la paz y la no violencia, sea del tipo que sea.
Creamos un atrapasueños, donde cada uno de nosotros expresamos artísticamente nuestro deseo de paz.
Decoramos un árbol con palomas de la paz elaboradas con nuestras manos. Palomas blancas en un árbol negro, en homenaje a todos esos árboles quemados por los incendios que vivimos en Galicia a principios de este curso. Nuestro árbol de la PAZ.
Martín, un compañero del aula 5, inventó una frase muy bonita sobre este tema y quisimos dejar constancia de ella en un sitio visible de nuestro centro; las escaleras de acceso al piso superior. Allí ahora, con colores muy vistosos, podemos leer; "Dame tu mano, yo te doy la mía... quiero la paz cada día".
Y por último, los compañeiros de las aulas de mayores, nos contaron el cuento "Bailar en las nubes" que trata, entre otras cosas, del respeto a las persoas de diferentes procedencias, de la tolerancia, de la convivencia... valores que andan un poco "dispersos" en estos tiempos.

viernes, 26 de enero de 2018

PINTURA CON SAL EN EXPERIMENTARTE

Na seguinte sesión do ExperimentArte, aproveitando que esa semana no cole celebrabamos a semana da ciencia, ao alumnado das aulas 6 e 8 tocoulles experimentar un pouquiño. 
Na actividade, cada un dos nenos e nenas tiña que “ debuxar” con cola unha serie de trazados/ formas sobre os que, posteriormente, botarían un pouco de sal. 
A continuación, con témperas diluidas en auga e a axuda dun goteiro, “dábanlle cor” aos mencionados trazados e observaban a facilidade coa que o sal absorbía cada tono e tinguíase de vermello, azul, amarelo, laranxa...dando coma resultado láminas moi alegres e cheas de arte.

En la siguiente sesión de ExperimentArte, aprovechando que esa semana en el cole celebrábamos la semana de la ciencia, al alumnado de las aulas 6 y 8 les tocó experimentar un poquito. 
En la actividad, cada uno de los niñas y niñas tenía que "dibujar" con cola una serie de trazados/formas sobre los que, posteriormente, echarían un poco de sal.
 A continuación, con témperas diluídas en agua y la ayuda de un gotero, "le daban color" a los mencionados trazados y observaban la facilidad con la que la sal absorbía cada tono y se teñía de rojo, azul, amarillo, naranja... dando como resultado láminas muy alegres y llenas de arte.

lunes, 22 de enero de 2018

FROITOS DO OUTONO EN EXPERIMENTARTE

O Proxecto ExperimentArte, levado a cabo pola aula verde e vemella, segue avanzando pouco a pouco. En dúas sesións pasadas, completaron a temática do outono (xa indicada anteriormente) achegando ó alumnado a aqueles froitos propios da tempada (tamén os froitos pasos e secos). Deste xeito, os nenos e nenas traballaron con elementos coma limóns, kakis, kiwis, freixoas, avelás, noces , uvas pasas, dátiles... Unha actividade destacadamente sensorial na que OBSERVARON froitos que non coñecían; CHEIRARON os diferentes aromas e, o máis divertido de todo, SABOREARON e comprobaron os diferentes sabores (ácido, doce, salgado...)
Despois de todo este proceso, realizaron murais onde estamparon con pintura os elementos traballados e pintaron debuxos dos froitos que acompañamos cos pictogramas/fotos correspondentes. Finalmente, colgaron os murais nun dos corredores acompañados dunha mesa sensorial na que puxemos os froitos para que, o resto do alumnado do centro, os coñecesen e os probasen.
 El Proyecto ExperimentArte, llevado a cabo por las aulas verde y roja, sigue avanzando poco a poco. En dos sesiones pasadas, completaron la temática del otoño  (ya indicarada anteriormente)  acercando al alumnado aquellos frutos propios de la temporada (también los frutos pasos y secos). De esta manera, los niños y niñas trabajaron elementos como limones, kakis, kiwis, feijoas, avellanas, nueces, uvas pasas, dátiles... Una actividada destacadamente sensorial en la que OBSERVARON frutos que no conocían, OLIERON los diferentes aromas y, lo mas divertido de todo, SABOREARON y comprobaron los diferentes sabores (ácido, dulce, salado...)
Después de todo el proceso, realizaron murales donde estamparon con pintura los elementos trabajados y pintaron dibujos de los frutos que acompañamos con pictogramas/fotos correspondentes.
Finalmente, colgaron los murales en uno de los pasillos acompañados de una mesa sensorial en la que pusimos los frutos para que, el resto del alumnado del centro, los conociese y los probase.

viernes, 19 de enero de 2018

COMEZA A NOSA HISTORIA

Como xa sabedes estamos a gravar unha curtametraxe coa colaboración de FicBueu.
Esta semana comezamos a elaborar o guión.!! Xa decidimos quenes son os protagonistas, onde se van levar a cabo as esceas... Isto vai tomando forma!!!
Como ya sabéis estamos grabando un cortometraje con la colaboración de FicBueu.
Esta semana comenzamos a elaborar el guión!! Ya decidimos quienes son los protagonistas, donde se van a desarrollar las escenas... Esto va tomando forma!!!

jueves, 18 de enero de 2018

LOGO COOPERATIVA

Hoxe temos o pracer de presentarvos o logo da nosa cooperativa "Special Mans".
A idea está baseada en que o traballo vai ser desenvolto coas nosas mans e, como somos 9 aulas, escollimos a man que nós cremos que é máis representativa de cada unha de elas.
Como as de todos, son mans diferentes entre si, son mans especiais, son... "Special Mans".

 Hoy tenemos el placer de presentaros el logo de nuestra cooperativa "Special Mans".
La idea está basada en que el trabajo va a ser desenvuelto con nuestras manos y, como somos 9 aulas, escogimos la mano que nosotros creemos que es más representativa de cada una de ellas.
Como las de todos, son manos diferentes entre sí, son manos especiales, son..."Special Mans".

miércoles, 17 de enero de 2018

Formación con COGAMI

Para nós é moi importante estar formados e informados para poder unha resposta axeitada ás necesidades dos nosos alumnos, e é por iso que onte, os mestres do centro, recibimos unha charla sobre educación afectivo-sexual en persoas con discapacidade.
Dita formación recibímola por parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapcidade) na cal nos ofreceron unha visión máis ampla da educación afectivo-sexual, recalcando que non se limita só a traballar os riscos ou perigos aos que se pode enfrentar a xuventude en xeral. E destacando que isto é exactamente igual no caso de mozas e mozas con discapacidade, xa que teñen dereito a recibir unha educación sexual de calidade, actualizada e inclusiva.


 Para nosotros es importante estar formados e informados para poder dar una respuesta adecuada a las necesidades de nuestros alumnos, y es por eso que ayer, los maestros del centro, recibimos una charla sobre educación afectivo-sexual en personas con discapacidad.
Dicha formación la recibimos por parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapcidade) en la cual nos ofrecieron una visión más amplia de la educación afectivo-sexual, recalcando que no se limita solo a trabajar los riesgos o peligros a los que se puede enfrentar la juventud en general. Y destacando que esto es exactamente igual en el caso de chicos y chicas con discapacidad, ya que tienen derecho a recibir unha educación sexual de calidad, actualizada e inclusiva.

jueves, 11 de enero de 2018

Elementos do outono en ExperimentArte

Na seguinte sesión do seu proxecto ExperimentArte, as aulas verde e vermella, traballaron con elementos do outono. 
A idea era achegar ós nenos e nenas a esta estación a través da visualización e manipulación de elementos característicos da mesma: follas, castañas, ourizos, cogomelos , piñas....todos eles recollidos polo alumnado nos arredores do centro. 
Posteriormente, fixeron un mural cunha asociación de pictogramas e estampación con pintura e engadiron unha exposición dos elementos do outono.

 En la siguinte sesión de su proyecto ExperimentArte, las aulas verde y roja, trabajaron con elementos del otoño. 
La idea era llegar a los niños y niñas a esta estación a través de la visualización y manipulación de elementos caracterísiticos de la misma: hojas, castañas, erizos, setas, piñas...todos ellos recogidos por el alumnado en las cercanías del centro. 
Posteriormente, hicieron un mural con una asociación de pictogramas y estampación con pintura y añadieron una exposición de elementos del otoño.


miércoles, 10 de enero de 2018

AULA BRANCA, PUBLICIDADE

A aula 3 (ou aula branca) está levando a cabo, este curso, un proxecto sobre publicidade.
Para comprender mellor todos os aspectos relacionados co tema decidiron montar unha "axencia de publicidade" chamada; Aula Branca.
O seu primeiro traballo foi para a Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa, elaborando os carteis para as súas actividades de Nadal.
Traballaron moito e decatáronse de cousiñas que nunca se pararan a pensar.
O certo é que foi toda unha experiencia...e todo un alucine ver na Escola os carteis polas aulas e en tamaño xigante na entrada!!!.

 El aula 3 (o aula blanca) está llevando a cabo, este curso, un proyecto sobre publicidad.
Para comprender mejor todos los aspectos relacionados con el tema decidieron montar una "agencia de publicidad", llamada; Aula Branca.
Su primer trabajo fue para la Escuela Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa, elaborando los carteles para sus actividades de Navidad.
Trabajaron mucho y se dieron cuenta de aspectos que nunca se pararan a pensar.
Lo cierto es que fue toda una experiencia... y todo un alucine ver en la Escuela los carteles por las aulas y en tamaño gigante en la entrada!!!


martes, 9 de enero de 2018

AS NOSAS COUSIÑAS DE NADAL

Son moitas as cousiñas que, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, nos propuxeron facer para felicitar o Nadal e enviar os nosos mellores desexos para este ano 2018.
 Coa coboración do profe de taller fixemo bolsiñas de refugallo personalizadas para poder meter todos os agasallos; o adorno, a postal, o calendario...e, agora tamén, a nosa axenda!! 




















Son muchas las cositas que, desde el Equipo de Dinamización da Lingua Galega, nos propusieron hacer para felicitar la Navidad y enviar nuestros mejores deseos para este año 2018.
Con la colaboración del profe de taller hicimos bolsitas de reciclaje personalizadas para poder meter todos nuestros regalos; el adorno, la postal, el calendario... y, ahora también, nuestra agenda!!