domingo, 31 de diciembre de 2017

FELIZ ANO NOVO

Xa quedan pouquiñas horas para que remate o ano 2017.
Para nós foi un ano de cambios, de aprendizaxes... e, sobre todo, de moita ilusión!
Como no día de hoxe non podemos estar todos xuntos, decidimos celebrar as badaladas o último día de cole. Bueno... realmente fixemos moitas cousas!!!
Comezamos co sorteo extraordinario de lotería de Nadal, onde todos tivemos sorte e obtivemos premio; un agasallo elaborado polos usuarios da Asociación "Con Eles".
Despois recibimos a visita de Papá Noel, cos seus renos e elfos, que nos fixeron vivir unha historia apaixoante. Papá Noel levou as nosas cartas e puidemos falar e sacar fotos con el!!
E para rematar celebramos as badaladas!! Todos engalanados para a ocasión, recibimos o noso particular 2018 con uvas, Champín... e, como non, a Duendeneta!!
Desexamos que esta a noite o pasades tan ben como o fixemos nós ese día, e que o 2018 veña cargadiño de momentos inesquecibles.
Moitas grazas por estar aí.


Ya faltan poquitas horas para que termine el año 2017.
Para nosotros fue un año de cambios, de aprendizajes...y, sobre todo, de mucha ilusión!
Como en el día de hoy no podemos estar todos juntos, decidimos celebrar las campanadas el último día de cole. Bueno... realmente hicimos muchas cosas!!!
Comenzamos con el sorteo extraordinario de lotería de Navidad, donde todos tuvimos suerte y obtuvimos un premio; un regalo elaborado por los usuarios de la Asociación "Con Eles".
Después recibimos la visita de Papá Noel, con sus renos y elfos, que nos hicieron vivir una historia apasionante. Papá Noel llevó nuestras cartas y pudimos hablar y sacar fotos con él!!
Y para terminar celebramos las campanadas!! Todos engalanados para la ocasión, recibimos nuestro particular 2018 con uvas, Champín... y, como no, la Duendeneta!!
Deseamos que esta noche lo paséis tan bien como lo hicimos nosotros ese día, y que el 2018 venga cargadito de momentos inolvidables.
Muchas gracias por estar ahí.

jueves, 21 de diciembre de 2017

A NOSA PANXOLIÑA

Seguro que nalgún momento, ao longo destes días, pensástedes en como sería a nosa panxoliña deste ano. E seguro que a día de hoxe xa pensabades que non tiñamos! 
Pois... claro que temos!! O que pasa é que con taaaanta actividade non temos  tempo de nada... e facer este vídeo foi un pouco unha aventura.
Pero aquí está! Non podiamos faltar a esta cita tan importante con todos vós.
Unha vez máis... grazas Iván por facer isto posible.


Seguro que en algún momento, a lo largo de estos días, pensásteis en cómo sería nuestro villancico de este año. Y seguro que a día de hoy ya pensábais que no teníamos!
Pues... claro que tenemos!! Lo que pasa es que con taaaanta activdad no tenemos tiempo de nada.... y hacer este vídeo fue un poco una aventura.
Pero aquí está! No podíamos faltar a esta cita tan importante con todos vosotros.
Una vez más... gracias Iván por hacer esto posible.


XA ESTÁ AQUÍ O NADAL

Xa chegou o Nadal e con ela a revolución ao noso centro!!!
Este ano estamos a montalo por todo o alto... como adelanto deixámosvos a cheminea que fixemos e que decoraron os alumnos do centro.
Pouco o pouco vos iremos contando todas as nosas aventuras pero mentres... queremos desexarvos, con todo o agarimo da nosa pequena gran familia, unhas moi Felices Festas!!!

Ya llegó la Navidad y con ella la revolución a nuestro centro!!!
Este año lo montamos por todo lo alto... como adelanto os dejamos la chimenea que hicimos y que decoraron los alumnos del centro.
Poco a poco os iremos contando nuestras aventuras pero mientras... queremos desearos, con todo el cariño de nuestra pequeña gran familia, unas muy Felices Fiestas!!!

miércoles, 20 de diciembre de 2017

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

Onte tivemos a sorte de poder falar con Papá Noel!! Si, si..como o ledes! Con Papá Noel! 
O Concello ofreceunos a oportunidade de facer unha videoconferencia con Laponia e falar en directo con el e claro, non podiamos perder esa oportunidade!
Papá Noel é moi simpático e tomou nota, na súa libretiña, de todo o que lle queriamos pedir. 
Non llo puxemos moi doado,eh? xa que somos de gustos atípicos e variados. Se non nos credes, cando teñades oportunidade, preguntádelle a Papá Noel a cara que se lle quedou cando lle pedimos un disco de bachatas de orquestras.
Ayer tuvimos la suerte de poder hablar con Papá Noel!! si, si... como lo leéis!! Con Papá Noel!
 El Ayuntamiento nos ofreció la oportunidad de hacer una videoconferencia con Laponia y hablar en directo con él y claro, no podíamos perder esa oportundidad!
Papá Noel es muy simpático y tomó nota, en su libreta, de todo lo que le queríamos pedir. 
No se lo pusimos fácil,eh? ya que somos de gustos atípicos y variados. Si no nos creéis, cuando tengáis oportunidad, preguntadle a Papá Noel la cara que se le quedó cuando le pedimos un disco de bachatas de orquestas. 


martes, 19 de diciembre de 2017

XOGANDO EN FEXDEGA

Onte fomos ata Fexdega ao parque de atraccións navideñas "Arosa Park". 
Fixemos de todo; vimos unha peli en 6D, patinamos sobre xeo, fomos nas cadeas, nos cochitos, nos coches de choque, no tren dragón e saltamos cos elásticos...
Dicir que o pasamos ben é quedarnos cortos!! Pasámolo xenial!!

 Ayer fuimos hasta Fexdega al parque de atracciones navideñas "Arosa Park"
Hicimos de todo; vimos una peli en 6D, patinamos sobre hielo, fuimos en las cadenas, en los cochecitos, en los coches de choque, en el tren dragón y saltamos en los elásticos...
Decir que lo pasamos bien es quedarnos cortos!! Lo pasamos genial!!

lunes, 18 de diciembre de 2017

SÓ LLES FALTA FALAR...

O pasado  martes recibimos a visita de uns amigos peludos moi especiais; os cans do club de cans de familia "Só lles falta faltar".
E o certo é que non lle puideron poñer un nome máis axeitado...porque, de verdade, que é o que lles falta por facer!!
Pasámolo xenial porque a nós os cans gústannos moito.
Pero o mellor de todo é que, a partir de febreiro, van vir  todos os martes a traballar con nós.
Vai ser xenial!!!















El pasado martes recibimos la visita de unos amigos peludos muy especiales; los perros del club de perros de familia "Só lles falta falar".
Lo cierto es que no le pudieron poner un nombre más adecuado... porque, de verdad, que es lo que les falta por hacer!!
Lo pasamos genial porque a nosotros los perros nos gustan mucho.
Pero lo mejor de todo es que, a partir de febrero, van a venir todos los martes a trabajar con nosotros.
Va a ser genial!!!







viernes, 15 de diciembre de 2017

ExperimentArte

As aulas verde e vermella realizan, dende o mes de novembro, o proxecto denominado ExperimentArte.
 A través do mesmo, e apoiandose en diferentes temáticas (xeralmente temas de interese para os grupos ou as conmemoracións) levan a cabo actividades variadas e dinámicas coas que buscan que os nenos e nenas (a través da estimulación dos sentidos: visual, olfactivo, táctil...) desenvolvan a súa creatividade.
Na primeira sesión, o alumnado realizou a actividade “As nosas pegadas”, na que traballaron o esquema corporal e a conciencia do propio corpo a través da pintura. O alumnado despois de meter mans e pés en pintura deixaba as súas pegadas nun mural e recorreron o camiño co que comezan este proxecto.
 Las aulas verde y roja realizan, desde el mes de noviembre, el proyecto denominado ExperimentArte.
A través del mismo, y apoyándose en diferentes temáticas (generalmente temas de interés para los grupos o conmemoraciones) llevan a cabo actividades variadas y dinámicas con las que buscan que los niños y niñas (a través de la estimulación de los sentidos; visual, olfativo, táctil...) desarrollen su creatividad.
En la primera sesión, el alumando realizó la actividad "Nuestras huellas", en la que trabajaron el esquema corporal y la conciencia del propio cuerpo a través de la pintura. El alumnado después de meter manos y pies en pintura dejaba sus huellas en el mural y recorrieron el camino con el que empieza este proyecto.

lunes, 11 de diciembre de 2017

O MILLO

O alumnado do noso centro traballou do 27 de novembro ó 1 de decembro, todo o relacionado co millo, proceso pertencente á nosa tradición galega.
O día 5 de decembro desfrutamos entre todos dunha agradable e motivadora actividade que puxo a funcionar os 5 sentidos e, ademáis, combinámola coas Tic co cal foi xenial!!!
Como di o refrán: "O que sementa, recolle" e os nosos alumnos sementaron requeteben...  polo tanto recolleron os froitos en forma de pan, flocos de millo e arepas.
Así da gusto traballar!!
 El alumnado de nuestro centro trabajó del 27 de noviembre al 1 de diciembre, todo lo relacionado con el maíz, proceso que pertenece a nuestra tradición gallega.
El día 5 de diciembre disfrutamos de una agradable y motivadora actividad que puso a funcionar los 5 sentidos y, además, la combinamos con las Tic, con lo cual fue genial!!!
Como dice el refrán; "El que siembra, recoge" y nuestros alumnos sembraron requetebien... por lo tanto recogieron los frutos en forma de pan, palomitas de maíz y arepas.
Así da gusto trabajar!!

martes, 5 de diciembre de 2017

XA CHEGA...

Chega decembro e con el unha das festividades que máis nos gustan no cole... o Nadal!!!
Foi chegar o día 1 e comezar a traballar sobre o tema. Desta vez a idea foi do Equipo de Dinamización da Biblioteca, que nos propuxo facer adornos para o centro. 
Non é por presumir pero... quedáronnos xenial!!!

Llega diciembre y con él una de las festividades que más nos gustan en el cole... la Navidad!!
Fue llegar el día 1 y empezar a trabajar sobre el tema. Esta vez la idea fue del Equipo de Dinamización de la Biblioteca, que nos propuso hacer adornos para el centro.
No es por presumir pero... nos quedaron genial!!!!



lunes, 4 de diciembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Onte, día 3 de decembro, celebrouse o Día Internacional da Discapacidade.
Nós tamén quixemos celebrar este día cun acto en prol das persoas con discapacidade facendo fincapé, sobre todo, na súa normalización e no respecto ás diferenzas.
As frases hoxe escoitadas foron moitas... "Ola capacidade, adiós discapacidade"... "Podo facer as mesmas cousas que fas ti"..."Eu tamén podo"... "Capacidades diferentes, posibilidades infinitas"... "Mírame por dentro"... "Non son discapacitado, teño unha discapacidade"...e así ata unhas cincuenta ideas diferentes xurdiron ao longo deste bonito acto.

Ayer, día 3 de diciembre, se celebró el Día Internacional de las personas con Discapacidad.
Nosotros también quisimos celebrar este día con un acto en favor de las personas con discapacidad haciendo hincapié, sobre todo, en su normalización y el respeto a las diferencias.
 Las frases hoy escuchadas fueron muchas... "Hola capacidad, adiós discapacidad"... "Puedo hacer las mismas cosas que haces tú"... "Yo también puedo"... "Capacidades diferentes, posibilidades infinitas"... "Mírame por dentro"... "No soy discapacitado, tengo una discapacidad"... y así hasta unas cincuenta ideas diferentes surgieron a lo largo de este bonito acto.

PLÁNTATE NA RÚA

O pasado xoves un grupiño de alumnos do noso cole participaron nunha actividade moi enriquecedora organizada pola Concellería de Educación e o servizo de xardíns con Concello de Vilagarcía; "Plántate na rúa".
Con esa actividade preténdese concienciar á poboación infantil e, a través da mesma ao resto de veciños, sobre a necesidade de respectar e coidar os bens públicos, e neste caso as plantas que decoran as nosas rúas, prazas e xardíns.
Foi unha experiencia moi bonita e temos todas as nosas ilusións postas en que ningún amigo do alleo decida levar o que plantamos para a súa casa.


El pasado jueves un grupo de alumnos de nuestro cole participaron en una actividad muy enriquecedora organizada por la Concejalía de Educación y el servicio de jardinería del Ayuntamiento de Vilagarcía; "Plántate na rúa".
Con esta actividad se pretende concienciar a la población infantil, y a través de ella al resto de vecinos, sobre la necesidad de respetar y cuidar los bienes públicos, en este caso las plantas que decoran nuestras calles, plazas y parques.
 Fue una experiencia muy bonita y tenemos toda nuestra ilusión puesta en que ningún amigo de lo ajeno decida llevar lo que plantamos para su casa.

viernes, 1 de diciembre de 2017

FORMACIÓN DOS PROFES

No centro os adultos están sempre formándose!! 
E nós pensando que eramos os únicos que aprendíamos cousas no cole!!
Esta semana fixeron un curso de RCP (reanimación cardiopulmonar) para saber como dar unha resposta axeitada en caso de que xurda a necesidade.
Profesores e persoal laboral estiveron moi atentos e concentrados xa que son moi conscientes da importancia que ten dar unha resposta rápida e axeitada.


 En el centro los adultos están siempre formándose!!
Y nosotros pensando que éramos los únicos que aprendíamos cosas en el cole!!
Esta semana hicieron un curso de RCP (reanimación cardiopulmonar) para saber cómo dar una respuesta adecudada en caso de que surja la necesidad.
Profesores y personal laboral estuvieron muy atentos y concentrados ya que son muy conscientes de la importancia que tiene dar una respuesta rápida y adecuada.