lunes, 1 de junio de 2015

OLLOBOI ZAMBURRIOI

Como xa vos fomos contando, participamos no Festival Audiovisual Olloboi e fomos finalistas en tres categorías, o que non está nada mal tendo en conta que eran 149 vídeos os que participaban procedentes de 60 centros educativos diferentes.
O pasado sábado foi a gala final e a entrega de premios no Casa da Cultura "A Cachada" de Boiro. E alí fomos unha pequena representación de mestres do centro a pasar unha xornada do máis divertida.
A gala foi presentada polos actores galegos Touriñán e Federico Pérez e contou coa colaboración musical do alumnado do CPI de Dodro. Como nos rimos e que ben o pasamos!!!
Dez eran as categorías con premio... e nós fomos vendo como ían pasando unha por unha e dábanlle os merecidísimos premios a outros compañeiros. Pero na última categoría "Olloboi Zamburrioi"; "reservado ao filme que a organización de Olloboi considera o mellor entre todos os presentados", cando xa non contabamos con nada escoitamos; - E o premio Olloboi Zamburrioi é para... Señor Ramón e Señora Ramona-, non dábamos crédito. Foi unha sorpresa enooooorme!!!!
Estamos tan agradecidos e tan contentos polo premio que non sabemos explicalo con palabras.
Eiquí podedes consultar os gañadores en todas as categorías.


Como ya os fuimos contando, participamos en el Festival Audiovisual Olloboi y fuimos finalistas en tres categorías, lo que no está nada mal teniendo en cuenta que eran 149 vídeos los que participaban procedentes de 60 centros educativos diferentes.
El pasado sábado fue la gala final y la entrega de premio en la Casa de la Cultura "A Cachada" de Boiro. Y allí fuimos una pequeña representación de profes del centro a pasar una jornada de lo más divertida. La gala fue presentada por los actores gallegos Touriñan y Federico Pérez y contó con la colaboración musical del alumnado del CPI de Dodro. ¡Como nos reímos y que bien lo pasamos!!!
Diez eran las categorías con premio... y nosotros fuimos viendo como iban pasando una por una y le daban los merecidísimos premios a otros compañeros. Pero en la útltima categoría "Olloboi Zamburrioi"; "reservado al film que la organización de Olloboi considera el mejor entre todos los presentados", cuadno ya no contabamos con nada escuchamos; - Y el premio Olloboi Zamburrioi es para... Señor Ramón e Señora Ramona-, no dábamos credito. ¡Fue una sorpresa enooorme!!!!
Estamos tan agradecidos y tan contentos  por el premio que no sabemos explicarlo con palabras.
Aquí podéis consultar los ganadores en todas las categorías.

1 comentario: