viernes, 24 de febrero de 2012

ENTROIDO!!!

Queredes saber como celebramos este ano no centro a festa do Entroido???
Eiquí o tendes!!!!





Quereis saber cómo celebramos este año en el centro la fiesta de Carnaval???
Aquí lo teneis!!!!

jueves, 16 de febrero de 2012

MÚSICA E CINE...

Estas semanas están sendo de moita actividade no centro.
O xoves pasado todos acudimos a Pontevedra a un concerto de música popular galega titulado "Que tocamos? Con que tocamos?" a cargo de GAITEIROS DA XISTRA.
Fan unha actuación moi lúdica e divertida, onde os rapaces participan dunha forma moi activa. Aquí podedes ver a Pili debutando no escenario.
Se tedes oportunidade, non deberiades perdervos esta actividade tan interesante.

Estas semanas están siendo de mucha actividad en el centro.
El jueves pasado todos acudimos a Pontevedra a un concierto de música popular gallega titulado "Que tocamos? Con que tocamos?" a cargo de GAITEIROS DA XISTRA.
Hacen una actuación muy lúdica y divertida, donde los chicos participan de una forma muy activa. Aquí podéis ver a Pili debutando en el escenario.
Si tenéis oportunidad, no deberíais perderos esta actividad tan interesante.





E onte desfrutamos dunha sesión de cine xunto á Asociación "CON ELES". Fomos a ver a película "Cómo entrenar a tu dragón" que estivo realmente ben.
E xa sabedes... se tedes oportunidade, non deberiades perdervos esta película tan bonita que ten un fondo tan interesante.

Y ayer disfrutamos de una sesión de cine junto a la Asociación "CON ELES". Fuimos a ver la película "Cómo entrenar a tu dragón" que estuvo realmente bien.
Y ya sabéis... si tenéis oportunidad, no deberíais perderos esta película tan bonita que tiene un fondo tan interesante.


miércoles, 15 de febrero de 2012

E NO ENTROIDO... FILLOAS!!!!

Dende hai tres anos, cando se achega o Entroido, recibimos no centro a visita da nosa amiga Concha.
Ela acompáñanos todos os anos para ensinarnos a facer filloas!!!
Preparamos o amoado cos ovos, a fariña, auga, limón... remexemos... e listo para botalo na filloeira.
Todos os rapaces aproveitaron para pasar o unto, verter o amoado e deixabamos nas mans dela darlle a volta, porque con tanto calor ali preto...
Despois de todo o traballo, ben mereciamos unha boa panzada de filloas. Tiñamos que comprobar o ben que nos sairan!!!
Se sobraran, poderiamos ofrecervos, pero... quizáis o ano que ven!!!



Desde hace tres años, cuando se acerca el Carnaval, recibimos en el centro la visita de nuestra amiga Concha.
Ella nos acompaña todos los años para enseñarnos a hacer filloas!!!
Preparamos la masa con los huevos, la harina, agua, limón... revolvimos... y listo para echarlo en la filloeira.
Todos los niños aprovecharon para pasar el unto, verter la masa y dejábamos en manos de ella darles la vuelta, porque con tanto calor allí cerquita...
Después de todo el trabajo, merecíamos una buena panzada de filloas. Teníamos que comprobar lo bien que nos salieron!!!
Si sobraran, poderíamos ofreceros, pero... quizás el año que viene!!!

jueves, 9 de febrero de 2012

Visita dos mestres do CEE Gloria Fuertes

Como xa vos comentamos, estamos inmersos nun proxecto educativo chamado "Proxecto Arce", no cal pariticipamos co CEE Gloria Fuertes de Andorra (Teruel).
Esta semana dous represetantes do centro; Peña e José María, viñeron ata Vilagarcía para coñecernos e poñer en común os puntos básicos deste proxecto tan apasionante e interesante.
Hoxe viñeron almozar a nosa cafetería, e con eles pasamos uns momentos divertidos e inesquecibles.
Moitas grazas pola visita... aprendemos moito de vós!!!
Vémonos pronto na vosa terra!!!




Como ya os comentamos, estamos inmersos en un proyecto educativo llamado "Proyecto Arce", en el cual participamos con el CEE Gloria Fuertes de Andorra (Teruel).
Esta semana dos representantes del centro; Peña y José María, vinieron hasta Vilagarcía para conocernos y poner en común los puntos básicos de este proyecto tan apasionante e interesante.
Hoy vinieron a desayunar a nuestra cafetería, y con ellos pasamos unos momentos divertidos e inolvidables.
Muchas gracias por esta visita... aprendimos mucho de vosotros!!!
Nos vemos pronto en vuestra tierra!!!

miércoles, 8 de febrero de 2012

SEPARAMOS O LIXO

A separación do lixo lévase a cabo no noso centro dende fai tempo. Os refugallos orgánicos xerados no comedor ían para o compostador, e os demais baleirábanse nos colectores do lixo urbanos.
Traballar este aspecto non é fácil tendo en conta as características do noso alumnado. Por iso levamos a cabo as seguintes iniciativas facilitadoras:
1.Sinalización dos puntos limpos no centro.
2.Elaboración de colectores de aula adaptados ás necesidades do alumnado (pictogramas, fotos ou obxectos reais).
3.Campaña de sensibilización, recoñecemento de refugallo e separación.
O punto dous será tarefa de cada titor que seleccionará que tipo de colector e de sinalización prefire, tendo en conta o seu alumnado. Así mesmo, a coordinadora do proxecto elaborará, a petición de cada titora, os pictos e fotos precisas para cada aula.
O punto tres desenvolverase do seguinte xeito:
Na entrada do centro situaranse tres murais a modo de colectores de plástico, refugallos orgánicos e papel. Cada alumno pegará no panel que corresponda os refugallos que prepararemos anteriormente. Para poder traballar a diferentes niveis, non só se poderan pegar obxectos reais, senón que, tamén, poderemos empregar fotos ou pictogramas. Todo o material utilizado gardarase nunha caixa á que poderemos recorrer tantas veces coma queiramos. Os obxectos, fotos e pictos pegaranse con velcro, que permite sacalos e poñelos e, así, traballar estes valores unha e outra vez ata que sexan adquiridos.
Aquí ensinámosvos as fotos dos nosos colectores por se vos animades tamén a xogar, e ao final da entrada poderedes descargar os pictos e as imaxes empregadas para o xogo. (Documentos para abrir co programa Boardmaker salvo MATERIAL XOGO, que é un documento de Word coas imaxes).



La separación de la basura se lleva a cabo en nuestro centro desde hace tiempo. Los residuos orgánicos generados en el comedor iban para la compostadora, y los demás se vaciaban en los contenedores urbanos.
Trabajar este aspecto non es fácil teniendo en cuenta las características de nuestro alumnado. Por eso llevamos a cabo las siguientes iniciativas facilitadoras:
1.Señalización de los puntos limpos en el centro.
2.Elaboración de contenedores de aula adaptados a las necesidades del alumnado (pictogramas, fotos o objetos reales).
3.Campaña de sensibilización, reconocimiento de residuos y separación.
El punto dos será tarea de cada tutor que seleccionará que tipo de contenedor y de señalización prefiere, teniendo en cuenta su alumnado. Así mismo, la coordinadora del proyecto elaborará, a petición de cada tutora, los pictos y fotos necesarias para cada aula.
El punto tres se desarrollará de la siguiente manera:
En la entrada del centro se sitúan tres murales a modo de contenedores de plástico, residuos orgánicos y papel. Cada alumno pegará en el panel que corresponda los residuos que prepararemos anteriormente. Para poder trabajar a diferentes niveles, no sólo se podrán pegar objetos reales, si no que, también, podremos utilizar fotos o pictogramas. Todo el material utilizado se guardará en una caja a la que podremos recurrir tantas veces como queramos. Los objetos, fotos y pictos se pegarán con velcro, que permite sacarlos y ponerlos y así, trabajar estes valores una y otra vez hasta que sean adquiridos.
Aquí os enseñamos las fotos de nuestros contenedores por si os animáis también a jugar, y al final de esta entrada podéis descargar los pictos y las imágenes uutilizadas para el juego (Documentos para abrir con el programa Boardmaker salvo MATERIAL XOGO, que es un documento de Word con las imágenes).


ORGÁNICO
PAPEL
PLÁSTICO 1
PLÁSTICO 2
ORGÁNICO FOTOS
PAPEL FOTO
PLÁSTICO FOTO
MATERIAL XOGO