miércoles, 21 de diciembre de 2011

BO NADAL!!!!

Hoxe é o último día de clase antes das vacacións de Nadal e queremos despedirnos dunha maneira moi especial...





Hoy es el último día de clase antes de las vacaciones de Navidad y queremos despedirnos de una forma muy especial...

lunes, 19 de diciembre de 2011

SORPRESA DE NADAL

Este ano foi moi especial para nós, non só polo blog, que comezou co fin de ofrecer e compartir o que tiñamos, e pasou a ser unha parte fundamental no noso día a día, aportándonos máis do que nós ofrecemos. Tamén porque moitos de nós iniciámonos na lingua de signos e descubrimos todas as súas posibilidades, transmitímoslla aos nenos e vémonos máis preparados para levar adiante o noso traballo. E especial foi tamén ese agasallo que nos fixeron en forma de panxoliña...
Así que... decidimos xuntalo todo... e o resultado foi esta SORPRESA DE NADAL, que esperamos que vos guste tanto como nos gusta a nós.

Nos vos podedes imaxinar o orgullosos que estamos dos nosos alumnos/as.



Este año fue muy especial para nosotros, no solo por el blog, que comenzó con el fin de ofrecer y compartir lo que teníamos, y pasó a ser una parte fundamental en nuestro día a día, aportándonos más de lo que nosotros ofrecemos. También porque muchos de nosotros nos iniciamos en la lengua de signos y descubrimos todas sus posibilidades, se la transmitimos a los niños y nos vemos más preparados para llevar adelante nuestro trabajo. Y especial fue también ese regalo que nos hiceron en forma de villancico...
Así que... decidimos juntarlo todo... y el resultado fue esta SORPRESA DE NAVIDAD, que esperamos que os guste tanto como nos gusta a nosotros.

No os podeis imaginar lo orgullosos que estamos de nuestros alumnos/as.

jueves, 15 de diciembre de 2011

PANXOLIÑA DE NADAL...

Nestas datas tan especiais querémosvos sorprender cunha panxoliña totalmente inédita!!!
Non vola podedes perder porque o ten todo; é doada, ten ritmo, é pegadiza, ten signos...

Queremos dar as grazas ao noso "compañeiro" Iván Vale, mestre de Educación Musical no CEIP Forte Bragade de Cesuras (A Coruña), por compartir con nós esta panxoliña composta e escrita por el mesmo.
Iván... nunca poderemos agradecerche como se merece os bos ratos que nos fixeches pasar e as ilusións que creaches en nós con este "agasallo".

Unha aperta tamén para Pelayo.

GRAZAS...



En estas fechas tan especiales os queremos sorprender con un villancico totalmente inédito!!!
No os la podéis perder porque lo tiene todo; es fácil, tiene ritmo, es pegadiza, tiene signos...

Queremos dar las gracias a nuestro "compañero" Iván Vale, maestro de Educación Musical en el CEIP Forte Bragade de Cesuras (A Coruña), por compartir con nosotros este villancico compuesto y escrito por él.
Iván... nunca podremos agradecerte como se merece los buenos ratos que nos hiciste pasar y las ilusiones que creaste en nosotros con este "regalo".

Un abrazo también para Pelayo.

GRACIAS

martes, 13 de diciembre de 2011

ÁRBORES DE NADAL...

Este mes, aproveitando os festivos e que chega o Nadal, os nosos alumnos chegaron con esta nota as súas casas:
" Queridos pais; hoxe traio a casa unha árbore sen decorar. Por favor axudádeme a decorala. Poderemos utilizar calquera cousa que teñamos na casa como; teas, las, botóns, papeis, cintas, adhesivos, caramelos, pastas de sopa... Terei que poñer nel o meu nome e volvelo traer ó cole. Será moi divertido ve-las árbores dos meus compañeiros. Disfrutaremos xuntos esta fin de semana. Gracias por axudarme."
Velaí tendes a súas creacións...



Este mes, aprovechando los festivos y que llega la Navidad, nuestros alumnos llegaron con esta nota a sus casas;
"Queridos padres; hoy traigo un árbol sin decorar. Por favor, ayúdame a decorarlo. Podremos utilizar cosas que tengamos en casa como; telas, lanas, botones, papeles, cintas, adhesivos, caramelos, pastas de sopa... Tendré que poner en él mi nombre y volver a llevarlo al cole. Será muy divertido ver los árboles de mis compañeros. Disfrutaremos juntos este fin de semana. Gracias por ayudarme."
Aquí teneis sus creaciones...

POESÍA DE NADAL

A nai de José Iván sorprendeunos con esta fermosa poesía adicada ao persoal do CEE Vilagarcía de Arosa.
Dende aquí queremos darlle as grazas e animala a que siga participando desta forma tan activa no blog do centro, xa que isto... é cousa de todos!!!

Un anxo díxome en sonos
que xa estamos no Nadal
que iba a nacer un Neno
que o mundo iba a salvar.

E díxome moi baixiño
que me achegara a mirar
que o que alí acontecera
ninguén o viñera a contar.
Aínda que os séculos pasen
no olvido non vai quedar.

Púxenme axiña en camiño
ata chegar a Belén,
subinme a unha laxe grande
e sentada eu esperei.

Vin un grupo de pastores
cando xa amanecía.
Que sorpresa me levei!...
Viñan de Vilagarcía
de Educación Especial
cos pastorciños en fila!

Van cantando e van bailando
con alboroto e ledicia.
Van mirando para o ceo
porque hai unha estrela que brilla.

Tamén van as coidadoras
que se encargan de mimar.
A cociñeira lles guisa
pra que poidan aguantar
os pastorciños pequeños
porque é duro o camiñar.
Co persoal que alí teñen
nada lles ha de faltar.

Cando chegan ó pesebre
vanse achegando amodiño
porque a Virxe María lles dixo
que o Neno está durmidiño.

Vanse achegando os maiores
para poñerlle aos seus pés
queixo, fariña e leite
para que poidan comer.

Cando lles toca aos cativos
todos se quedan pasmados
os zurróns están valeiros,
non hai de pan un anaco.

Pastores mudos e torpes
nada tedes que facer
o Neno quedouvos mirando
e pronto comeza o lecer.

¿Que diredes coa mirada
que o facedes sorrir?
O Neno rie de gozo
entendo...Claro que si!

Ó Neno non lle fan falla
palabras de adoración,
pois ó mirarvos os ollos
decides que é Amor.

Foron abrindo os zurróns
e sairon agarimos,
sorrisos cheos de gozo
para o Neno, con cariño.

E saltei da miña laxe
como cabía esperar!
para cantar cos do centro
na noitiña de Nadal.

Nunca se soubo esta historia
vola quería contar
que en Belén estivo o Centro
de Educación Especial.

SUSANA VARELA


La madre de José Iván nos sorprendió con esta hermosa poesía dedicada al personal del CEE Vilagarcía de Arousa.
Desde aquí queremos darle las gracias y animarla a que siga participando de esta forma tan activa en el blog do centro, ya que esto... es cosa de todos!!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

CHEGA O NADAL...

Chega o Nadal... e como todos os anos, os alumnos do centro participan no concurso de postais de Nadal organizado por FADEMGA.
Aínda non saíron os resultados de dito concurso pero eiquí vos deixamos as nosas postais para que vexades o ben que o fan!!!



LLega la Navidad... y como todos los años, los alumnos del centro participan en el concurso de postales de Navidad organizado por FADEMGA.
Aún no salieron los resultados de dicho concurso pero aquí os dejamos nuestras postales para que veáis lo bien que lo hacen!!!

viernes, 9 de diciembre de 2011

O BLOG DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Hoxe inauguramos unha nova sección dentro do noso blogue, poderedes acceder a ela na columna que tendes no lateral dereito en "OS NOSOS RECURSOS".
A mestra de Audición e Linguaxe e a titora da aula 11 levan a cabo un obradoiro de adquisición do Linguaxe Bimodal (sistema de comunicación que emprega signos pero segue a estructura da fala). Aquí tendes a primeira sesión, pero tras desta irán moitas mais, non perdades detalle.



Hoy inauguramos una nueva sección dentro de nuestro blog, podréis acceder a ella en la columna que tenéis en el lateral derecho en "OS NOSOS RECURSOS".
La maestra de Audición y Lenguaje y la tutora del aula 11 llevan a cabo un taller de adquisición del Lenguaje Bimodal (sistema de comunicación que utiliza signos pero sigue la estructura del habla). Aquí tenéis la primera sesión, pero tras ella irán muchas más, no perdáis detalle.

lunes, 5 de diciembre de 2011

O COELLIÑO BRANCO doutra maneira

Eiquí tendes o material que empregamos para traballar na aula o conto "O coelliño branco".
Utilizámolo como outra forma de contarlles esta historia e tamén para que logo nola conten eles a nós.
Esperamos que vos guste esta versión que nos narran Javi, Juan M. e Enrique.




Aquí teneis el material que utilizamos para trabajar en el aula el cuento "O coelliño branco".
Lo utilizamos como otra forma de contarles esta historia y también para que luego ellos nos la cuenten a nosotros.
Esperamos que os guste esta versión que nos narran Javi, Juan M. y Enrique.

viernes, 2 de diciembre de 2011

O COELLIÑO BRANCO

Deixamosvos, para que disfrutedes esta fin de semana, a adaptación dun conto da Editorial Kalandraka que se titula "O coelliño branco" que seguro que todos coñecedes.
As voces do conto son de mestres e persoal laboral do centro, o cal nos sirve, entre outros moitos aspectos, para traballar a discriminación auditiva.



Os dejamos, para que disfruteis este fin de semana, la adaptación de un cuento de la Editorial Kalandraka que se titula "O coelliño branco", que seguro que todos conoceis.
Las voces del cuento son de profesores y personal laboral del centro, lo cual nos sirve, entre otros muchos aspectos, para trabajar la discriminación auditiva.