jueves, 18 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS POR TODO O ALTO

Son moitas as actividades propostas polo EDLG para conmemorar o Día das Letras Galegas e homenaxear a Carlos Casares.
Ao longo destes días iremos contándovolas... pero hoxe comezamos pola interpretación do conto "Lolo anda en bicicleta" organizado polas mestras de Audición e Linguaxe. Na elaboración dos persoaxes e decorado participou todo o cole e, o certo, é que foi todo moi bonito.
Tamén vos mostramos o  mural sobre Carlos Casares que fixemos entre todos, previa lectura da súa biografía e unha magnífica actuación de profes, alumnos e persoal laboral do cole.


Son muchas las actividades propuestas por el EDLG para conmemorar el Día das Letras Galegas y rendir homenaje a Carlos Casares.
A lo largo de estos días iremos contándolas... pero hoy  comenzamos por la interpretación del cuento "Lolo anda en bicicleta" organizado por las maestras de Audición y Lenguaje. En la elaboración de los personajes y decorado participó todo el cole y, lo certo, es que fue todo muy bonito.
También os mostramos el mural sobre Carlos Casares que hicimos entre todos, previa lectura de su biografía y una magnífica actuación de profes, alumnos y persoal laboral del cole.

jueves, 11 de mayo de 2017

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS... CUN NOVO ÉXITO

Sabemos que levamos moito tempo sen dar noticias e pedímosvos desculpas!!
Sempre poñemos a mesma excusa; facemos tantas cousas que non temos tempo de nada. Pero é que é certo!!! Prometemos ir contándovolas nos próximos días.

Hoxe o que queremos é compartir con vós o noso novo éxito musical; unha versión especial do conto "A galiña azul". 
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto con TICs , a mestra de música e, por suposto, a indispensable colaboración do noso querido Iván Vale, estiveron a argallar  para crear este divertido e especial vídeo.
 É a nosa forma de rendir homenaxe a Carlos Casares co gallo das Letras Galegas.
Agardamos que vos guste.



Sabemos que llevamos mucho tiempo sin dar noticias y os pedimos disculpas!!
Siempre ponemos la misma excusa; hacemos tantas cosas que no tenemos tiempo de nada. Pero es que es cierto!!! Prometemos contároslas en los próximos días.

Hoy lo que queremos es compartir con vosotros nuestro nuevo éxito musical; una versión especial del cuento "A galiña azul". 
El Equipo de Dinamización da Lingua Galega junto con TICs , la maestra de música y, por supuesto, la indispensable colaboración de nuestro querido Iván Vale, estuvieron discurriendo  para crear este divertido y especial vídeo. 
Es nuestra forma de rendir homenaje a Carlos Casares con motivo de las Letras Galegas.
Esperamos que os guste.

viernes, 3 de marzo de 2017

DE FESTA EN FESTA...

O xoves fomos todo o cole de festa ao Pub Musaraña de Vilagarcía e pasámolo en grande.
Como noutras ocasións invitamos a participar con nós aos compañeiros da Asociación Con Eles.
Rímonos moito e démolo todo na pista!! 
E o venres, como non podía ser doutro xeito, tivemos a superfesta de entroido no centro.
Este ano o tema elexido foi o do noso calendario "Festas e romarías galegas". O certo, é que os disfraces deste ano foron espectaculares. Non tiñan nada que envexar aos dos desfiles!!!


El jueves fuimos todo el cole de fiesta al Pub Musaraña de Vilagarcía y lo pasamos en grande. Como en otras ocasiones invitamos a participar con nosotros a  los compañeros de la Asociación Con Eles.
Nos reímos mucho y lo dimos todo en la pista!! 
Y el viernes, como no podía ser de otra forma, tuvimos la superfiesta de carnaval en el centro.
Este año el tema elegido fue el de nuestro calendario "Festas e romarías galegas". Lo cierto, es que los disfraces de este año fueron espectaculares. No tenían nada que envidiar a los de los desfiles!!!

viernes, 24 de febrero de 2017

COMEZA O ENTROIDO

Que somos festeiros ben o sabedes, e no entroido pasámolo en grande!
O martes tivemos o noso xa tradicional obradoiro de filloas. Jose fixo outra vez de mestre de cerimonias e ensinounos e axudounos a preparar este postre tan típico da nosa terra.
Non fará falta dicir que non sobrou ningunha, verdade?

Que nos gustan mucho las fiestas bien lo sabéis, y en carnaval lo pasamos en grande!
El martes tuvimos el nuestro ya tradicional taller de filloas. Jose hizo otra vez de maestro de ceremonias y nos enseñó y ayudó a preparar este postre tan típico de nuestra tierra.
No hará falta decir que no sobró ni una, verdad?

jueves, 23 de febrero de 2017

CONTACONTOS

A semana pasada tivemos sesión de contacontos no cole da man de Olga Cuervo.
Entre paxaros, galiñas e piratas pasamos un momento do máis divertido.
Esta actividade estivo organizada polo Equipo de actividades complementarias e escolares, e agardamos que pronto nos volva a sorprender!
La semana pasada tuvimos sesión de cuentacuentos en elcole de la mano de Olga Cuervo.
Entre pájaros, gallinas y piratas pasamos un momento muy divertido.
Esta actividad estuvo organizada por el Equipo de actividades complementarias y extraescolares, y esperamos que pronto nos vuelva a sorprender!

martes, 14 de febrero de 2017

SANRA E MEIROL EN XISTRALIA

O pasado martes fomos todo o centro a Pontevedra a ver o espectáculo "Sandra e Meirol en Xistralia" da man dos Gaiteiros da Xistra.
Esta actividade foi unha iniciativa do "Equipo de Dinamización da Lingua Galega" e, como sempre, foi un éxito!! Pasámolo en grande e aprendimos un montón de cousas. 
Ademáis nós coñeciamos a historia xa que a Festa da Coca foi unha das elexidas para ser representada no noso calendario deste ano, adicado a Festas e romarías galegas. 


El pasado martes fuimos todo el centro a Pontevedra a ver el espectáculo "Sandra e Meirol en Xistralia" de la mano de Gaiteiros da Xistra.
Esta actividad fue una iniciativa del "Equipo de Dinamización da Lingua Galega" y, como siempre, fue un éxito!! Lo pasamos en grande y aprendimos un montón de cosas.
Además nosotros ya conocíamos la historia, ya que la Festa da Coca fue una de las elegidas para ser representadas en nuestro calendario de este año, dedicado a Festas e romarías galegas.

lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

MANIFESTO POLA PAZ:

   No centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa, donde estudiamos, nos divertimos e nos formamos como persoas, estudantes, profesores,... celebramos hoxe, día 30 de Xaneiro, o Día da Paz e Non Violencia do ano 2017. Acabamos de facer unha pomba da paz, de solidariedade entre nós e de respecto a todos os homes e mulleres coas súas particulariedades e diferenzas.
   Habitamos nun mundo con demasiada guerra e violencia. Coñecendo pola propia experiencia e polas noticias todos os días, que a violencia segue estando presente nas nosas cidades e ata dentro dalgunhas escolas e familias.
   Queremos empregar neste manifesto, un lema que utilizaba Gandhi: o amor universal é mellor que a violencia, e a paz é mellor que a guerra.
   Por esto pedimos:
- Non usar a violencia.
- Respectar os dereitos humanos.
- Non maltratar a ninguén.
- Ser amables e axudar aos demais.
- Vencer a violencia de xénero, a escolar, a familiar,...
- Rematar cos conflictos de guerra.
- Poñer fin á violencia contra o medio ambiente, que se amosa en forma de contaminación, mal uso da enerxía e dos recursos naturais.
   Reunímonos aquí para que entre todos poidamos destruir os muros do odio, da violencia, do rencor; para superar a distancia que separa a pobreza e a guerra do benestar e a paz para romper as barreiras que marxinan aos que non son coma nós, non pensan como nós nin cren no mesmo ca nós; para abrir as portas dos nosos prexuizos aos que son diferentes.
   Todo esto é o que queremos, o que necesitamos. Sabemos que conseguilo está na nosas mans, Por eso, FELIZ DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA!

MANIFIESTO POR LA PAZ

   En el Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa, donde estudiamos, nos divertimos y nos formamos como personas, estudiantes y profesores, celebramos hoy, día 30 de Enero, el Día de la Paz y la No Violencia del año 2017. Acabamos de formar una paloma de la paz, de solidaridad entre nosotros y de respeto a todos los hombres y mujeres con sus particularidades y diferencias.
   Habitamos en un mundo con demasiadas guerras y de violencia. Conociendo por propia experiencia y por las noticias todos los días, que la violencia sigue estando presente en nuestras ciudades y hasta dentro de algunas escuelas y familias.
   Queremos emplear, en este manifiesto, un lema que utilizaba Gandhi: el amor universal es mejor que la violencia y la paz mejor que la guerra.
   Por esto pedimos:
- No usar la violencia.
- Respetar los derechos humanos.
- No maltratar a nadie.
- Ser amables y ayudar a los demás.
- Vencer la violencia de género, la escolar, la familiar,...
- Terminar con los conflictos de guerra.
- Poner fin a la violencia contra el medio ambiente, que se muestra en forma de contaminación, mal uso de la energía y de los recursos naturales.
    Nos reunimos aquí para que entre todos podamos destruir los muros del odio, de la violencia, del rencor; para superar la distancia que separa la pobreza y la guerra del bienestar y la paz para romper las barreras que marginan a lo surge a los que no son como nosotros, no piensan como nosotros ni creen en lo mismo que nosotros; para abrir las puertas de nuestros prejuicios a los que son diferentes.
   Todo esto es lo que queremos, lo que necesitamos. Sabemos que conseguirlo está en nuestras manos. Por eso ¡FELIZ DÍA DE LA PAZ Y DE LA NO VIOLENCIA!

jueves, 12 de enero de 2017

BADALADAS DE FIN DE ANO

Este ano quixemos achegar ese momento máxico e festeiro, no que deixamos atrás un ano vello coas súas bondades, os bos momentos  e ao mesmo tempo, tamén as súas partes malas e dar paso a un ano novo no que enchemos as maletas de ilusións e con gañas de que todo nos vaia ben..
Quixemos facer un brindis entre todos os que compoñemos o CEE de Vilagarcía e ao mesmo tempo...facer un ensaio para que ese día, na transición de ano, todo nos saia ben...atentos ás uvas e por suposto que non nos atragantemos 😊😊😊



Este año quisimos acercar ese momento mágico y festivo, en el que dejamos atrás un año viejo con sus bondades, sus buenos momentos y, al mismo tiempo, también sus partes malas y dar paso a un año nuevo en el que llenamos las maletas de ilusiones y con ganas de que todo nos vaya bien..
Quisimos hacer un brindis entre todos los componentes del CEE de Vilagarcía y al mismo tiempo...hacer un ensayo para que el día, durante la transición de año, todo nos salga bien...atentos a las uvas y por supuesto que no nos atragantemos 😊😊😊

...e viñeron os Reis Magos

Estou seguro de que podemos presumir do ben que nos portamos este ano e do que traballamos durante o curso. Como non iamos estar expectantes e nerviosos coa visita dos Reis Magos?
Todos temos esa ilusión que fai que nos fagamos a pregunta de "que nos traerán os Reis"? E no noso pensamento reforzámonos, afirmándonos que fomos moi bos e que o merecemos. A que si?

Aquí vos deixamos unhas imaxes da súa visita ao noso colexio.  



Estamos seguros de que podemos presumir de lo bien que nos hemos portado este año y de lo que hemos trabajado durante el curso. ¿Cómo no íbamos a estar expectantes y nerviosos con la visita de los Reyes Magos?
Todos tenemos esa ilusión que hace que nos preguntemos "¿qué nos traerán los Reyes?" Y en nuestro pensamiento nos reforzamos, afirmándonos que fuimos muy buenos y que nos lo merecemos. A que sí?

martes, 20 de diciembre de 2016

FELIZ NADAL DENDE O EDLG

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega estamos a celebrar o Nadal por todo o alto.
Fai uns días recibimos a visita do Apalpador!!!
Coas súas historias e o seu gran corazón fixo que os nosos alumnos se empapasen desta figura tradicional do Nadal galego.
Anxo Moure namorounos coas súas palabras, e el namorouse de todos nós.
Prometeunos voltar para contar máis contos...
e aquí o estaremos agardando.


Como somos moi de tradicións, un ano máis, non podía faltar o noso calendario.
Ben sabedes que nós somos moito de festas, e por iso este ano o noso calendario vai adicado a festas e romerías galegas.
Se premedes na imaxe podedes atopar o calendario en formato PDF, por se queredes imprimilo e compartir con nós o novo ano.
As axendas deste ano son viaxeiras, personalizadas... e festeiras!!!!






Desde el Equipo de Dinamización da Lingua Galega celebramos la Navidad por todo lo alto.
Hace unos días recibimos la visita del Apalpador!!!
Con sus historias y su gran corazón hizo que nuestros alumnos se empapasen de esta figura tradicional de la Navidad gallega.
Anxo Moure nos enamoró con sus palabras, y el se enamoró de nosotros.
Nos prometió volver para contarnos más cuentos...y aquí lo estaremos esperando.

Como somos muy de tradiciones, un año más, no podía faltar nuestro calendario.
Bien sabéis que nosotros somos muy de fiestas, y por eso este año nuestro calendario lo dedicamos a fiestas y romerías gallegas.
Si pulsáis en la imagen podréis encontrar el calendario en formato PDF, por si queréis imprimirlo y compartir con nosotros el nuevo año.
Las agendas de este año son viajeras, personalizadas...y fiesteras!!!